Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 593
Clasificación Genérica Pintura; Artes plásticas
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Sobrino Buhigas, Carlos (Lugar de nacimiento: Pontevedra (p), 1885 - Lugar de defunción: Vigo (m), 04/12/1978)
Título Castillo y villa de Monterrey. Puerta del Hospital de Peregrinos
Materia/Soporte Papel
Técnica Acuarela
Dimensiones Táboa: Altura = 58 cm; Anchura = 45 cm
Descripción Vista da portada en ruinas do antigo Hospital de Peregrinos existente no conxunto do Castelo de Monterrei. O autor presenta un anaco do caserío da fortaleza ourensá que permite mostrar o estado ruinoso no que se conservaba o antigo hospital coa interesante fachada gótica, pero aproveita para ensinar igualmente, na parte alta, a impoñente fábrica da igrexa de Santa María de Graza, a Torre do Homenaxe e a Torre das Damas que, xuntamente co pazo que non se apreza, constituirían a parte máis monumental da acrópole deste enclave estratéxico polo que, ademais, descorre o treito da denominada Vía da Prata, como camiño de peregrinación a Santiago de Compostela.
Asinado no ángulo inferior esquerdo.
Iconografia Paisaxe con arquitectura
Firmas/Marcas/Etiquetas Na parte inferior esquerda
C. SOBRINO
Datación 1926
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Pontevedra (m) (Pontevedra (comarca), Pontevedra (p))
Uso/función Decorativo.
Descriptores Geográficos Monterrei (l)
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Exposición antológica de Carlos Sobrino (itinerante), Centro Socail de Caixanova, Pontevedra, do 30 de outubro ao 30 de novembro de 2008. Centro Cultural Caixanova. García Barbón, Vigo, do 11 de decembro de 2008 ao 15 de xaneiro de 2009.
Clasificación Razonada O antigo Hospital de Peregrinos sito no Castelo de Monterrei foi mandado construír na última década do século XIV polo abade Vasco Pérez. Salienta a súa fachada gótica cun tímpano no que Cristo Triunfante se rodea do Tetramorfos. Este establecemento tería grande interese na atención aos peregrinos xacobeos procedentes do sur da península pola denominada Vía Mozárabe ou Vía da Prata (segundo denominación máis recente). Na actualidade, e unha vez rehabilitado, fai a función de albergue de peregrinos.
Resulta de interese para coñecer a obra do autor: C. Sobrino: 1885-1978: [exposición], do 30 de outubro ao 30 de novembro de 2008, Centro Social Caixanova, Pontevedra. Vigo: Fundación Caixanova, 2008. p. 57.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6